HomeCulturaConcerto da frautista, Sofía Salazar e o pianista, Luis Arias, o día...

Concerto da frautista, Sofía Salazar e o pianista, Luis Arias, o día 10 en Sober

O espectáculo, organizado polas Xuventudes Musicais e o concello de Sober, será ás 19:00 horas deste sábado, 10 de decembro, no Centro Sociocultural de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ‘Belle Époque’ foi o nome que se lle deu ao período de paréntese nos conflitos bélicos en Europa entre finais do século XIX e principios do XX. Esta pausa contribuíu ao auxe económico, e á creación de espazos onde divertirse: abríronse multitude de salas de concerto e café-concert, mentres os ingleses exportaron o que coñecemos por music-hall, ou sala de música; ambos os conceptos deron cabida a un novo tipo de artista.

Este movemento condensouse nun escenario ideal: a cidade de París, que neste momento converteuse na capital europea do espectáculo, ademais de ser a capital da arte, do impresionismo, da moda… e da frauta moderna.

Neste recital gozarase dunha selección do repertorio para frauta máis representativo da época, dos compositores franceses que mostraron as cores e versatilidade da frauta en combinación co piano.

Programa

  • Gabriel Fauré: Morceau de Concours
  • Benjamín Godard: Suite de trois morceaux Op. 116
  • George Enescu: Cantabile et Presto
  • Charles-Marie Widor: Suite para Frauta e Piano Op. 34
  • Claude Debussy: Beau Soir
  • George Bizet/Borne: Fantasía Brillante sobre os temas de Carmen.

ÚLTIMAS

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...

104.000€ para a estrada provincial en Pantón que vai de Següín aos Peares por Pombeiro

O proxecto do que se encargará a empresa OPAGA 003 SL, inclúe a rehabilitación...

Máis de 230 persoas participan o 15 de marzo no V Xacorun Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, interviu na presentación da proba xunto con...