HomeCulturaA restauración do Colexio do Cardeal de Monforte sae cara: case 800.000...

A restauración do Colexio do Cardeal de Monforte sae cara: case 800.000 euros nos últimos cinco anos

As actuacións levadas a cabo buscan resolver as afectacións sufridas polo Colexio do Cardeal a raíz do terremoto de Lisboa de 1755

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia fará unha nova achega ao Colexio do Cardeal de Moforte de Lemos para restaurar o retablo da capela das Reliquias, elevando así o seu investimento en rehabilitación ata case 800.000 euros no últimos cinco anos.

En concreto, o Goberno galego destinará máis de 110.000 euros á devandita acción, que se adxudicará a finais de ano cun prazo de execución de nove meses.

Así o anunciaron este xoves o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, durante un acto no que se presentaron as obras realizadas na igrexa, o claustro e as zonas de visita pública deste ben.

Esta inauguración prodúcese despois das actuacións levadas a cabo para resolver as afectacións sufridas polo Colexio do Cardeal a raíz do terremoto de Lisboa de 1755, como gretas que, aínda que non comprometían a estabilidade das bóvedas, era necesario corrixir.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...