HomeCultura"Fráxiles" de Rebuldeira Teatro este domingo en Escairón

“Fráxiles” de Rebuldeira Teatro este domingo en Escairón

Rebuldeira Teatro de Sarria actuará este domingo no Auditorio de Escairón ás 6 da tarde coa colaboración de Vicepresidencia, Área de Cultura da Deputación de Lugo. A entrada é libre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Círculo Saviñao organiza a representación de “Fráxiles”, unha historia de historias, ás veces non tan fráxiles nin delicadas. Construída con fragmentos, anacos e con elementos aparentemente alleos, pero que conforman un universo, no que resucita de súpeto una roseira morta. Unha costureira pega un crucifixo á parede con cemento para que os milicianos non o retiren. Unhas irmás despídense do seu irmán que vai á guerra. Unha pintora tenta con toda a súa alma vender un cadro. Unha muller necesita a axuda heroica dos seus veciños para matar un rato. Dous comerciantes de gando descobren que a súa axudante considera que son perigosamente intelectuais. Un percusionista dunha banda militar ofrece un concerto de pratos. Un soldado envía un amigo fotógrafo á casa da súa moza para fotografiala espida. Unha avoa cóntalle a súa neta a historia de Santa Casilda, que converteu as rosas en pan.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...