HomeCulturaO 18 de decembro Mercado de anticuarios e coleccionismo Quilate de Sarria

O 18 de decembro Mercado de anticuarios e coleccionismo Quilate de Sarria

O mercado instalarase nunha carpa na rúa do Porvir -a rúa dos Anticuarios – e estará aberto de 11.00 a 18.00 horas, en horario contínuo. A cita contará coa actuación da formación de música tradicional Xaramolos (16.30 horas).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do mercado Quilate Especial Nadal, que se celebrará o vindeiro domingo en Sarria. O deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, presentou o evento xunto ao grupo de anticuarios de Sarria. Nesta edición especial do mercado xuntarase unha vintena de postos nos que se poderán atopar obxectos antigos e vintage, vinilos e obxectos curiosos e de coleccionismo. Tamén haberá postos de repostería e confitería artesá.

A área de Artesanía e Deseño levará ao mercado demostracións de artesanía, aproveitando a cita, para promocionar a artesanía lucense e os oficios tradicionais. Así, as persoas visitantes poderán ver ao vivo traballos de cestería, olería e tecedura.

Efrén Castro sinalou que “as demostracións de artesanía darán ao mercado unha dimensión tradicional, moi acaída para as datas de Nadal” e amosou o seu respaldo á iniciativa dos anticuarios sarriaos que buscan consolidar unha edición especial do mercado nas datas de Nadal, tamén de cara aos vindeiros anos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...