HomeCulturaO Belén de J. Antonio Dávila xa loce na casa da cultura...

O Belén de J. Antonio Dávila xa loce na casa da cultura de Monforte

O Belén, que está instalado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, poderase visitar ata o ó 8 de xaneiro de 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, inaugurou o Belén do Concello de Monforte deste Nadal,que foi elaborado polo artista J. Antonio Dávila, quen estivo tamén presente en dito acto.

Trátase dun Belén con figuras de diferentes tamaños  e no que se narran diferentes escenas e aparecen diferentes personaxes relacionadas co Nacemento do neno Xesús: a Anunciación, pedindo pousada en Belén, o propio Nacemento, a visita dos Reis Magos a cabalo e dos pastores, o empadroamento, a fuxida a Exipto, comerciantes, soldados romanos, etc. Tamén conta con toda clase de edificacións tales como o castelo de Herodes, a pousada, o forno, a ferrería, ou o propio Portal do Nacemento.

A montaxe ideada por J. Antonio Dávila ten efectos lumínicos que simulan o día e a noite, así coma fontes e unha fervenza de auga.

O Alcalde e o seu Equipo de Goberno convidan a todos os monfortinos e monfortinas a visitar e disfrutar deste Belén, que se inclúe dentro do Programa de Nadal de Monforte.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...