HomeCulturaO pintor, Roberto González, doa unha peza da artista monfortina, Gloria Fernández,...

O pintor, Roberto González, doa unha peza da artista monfortina, Gloria Fernández, ao Museo Provincial de Lugo

O Museo Provincial de Lugo incorporou aos seus fondos unha nova obra da  artista monfortina Gloria Fernández (Monforte de Lemos, 1913- Madrid, 1996). Trátase dun retrato do seu home, o avogado e escritor, Gumersindo Pérez Álvarez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O cadro, un oleo sobre lenzo, datado en maio de 1948, amplía a colección de 24 obras da autora coas que contaba o centro museístico, a maioría delas cedidas ou depositadas tras a ampla exposición retrospectiva que o Museo Provincial lle dedicou no 2008

O sobriño da artista, o recoñecido pintor Roberto González, doou esta nova peza ao Museo Provincial de Lugo. No acto, a vicepresidenta da Deputación de Lugo agradeceu a “xenerosidade da familia de Gloria Fernández, e especialmente Roberto González, que con esta doazón reforza o Museo Provincial de Lugo como espazo de referencia para a conservación e difusión da súa obra”.

Máis información sobre a obra de Gloria Fernández no MPL

Roberto González doa ao Museo Provincial de Lugo / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...