HomeCulturaLos Árboles na Festa do Marisco do Grove resistiron á tormenta Leslie...

Los Árboles na Festa do Marisco do Grove resistiron á tormenta Leslie coas raíces ben plantadas

A banda, orixinaria de Salcedo, A Pobra do Brollón, maridou ben co marisco e durante 40 minutos quentou o ambiente nunha noite de chuvia e vento que non amedrentou aos seus incondicionais.

Publicado o

- Advertisement -
Ensayo y error é o título do primeiro LP da banda integrada por Alexandro González (guitarra, piano e voz), Martín González (sintetizador, percusión e coros), Alberto Barreiro (baixo e coros), Marcelo Pedredo (guitarra) e Alberto Dopico (batería). A promoción do traballo comezou no momento en que a banda decidía poñer en marcha un crowfunding para terminar de sacalo adiante e desde entón, a carreira de Ensayo y error non parou e a banda vaise consolidando como referente para concertos en salas e festivais, principalmente en Galicia, pero tamén no resto do estado.

A calidade do seu directo, as melodías pegadizas dos seus temas e o contar cun grupo de incondicionais asegurados, xa antes de nacer a propia banda, fan que sexan unha aposta segura. E é que Los Árboles comeza a xestarse no 2010, pero algúns dos seus integrantes,  como os irmáns González e Marcelo Pedredo xa tiveran unha importante incursión musical a finais dos 90 e ata o 2007 coa formación Capitán Sonoro. Moitos dos seguidores daquela primeria banda seguen agora fieis a Los Árboles.
Los Árboles promo “Ensayo y error” / Ojo Pardo

Acaba Capitán Sonoro, pero Alexandro González segue compoñendo e cando Alberto Barreiro escoita os temas do de Salcedo xa non houbo marcha atrás e naceron Los Árboles, que nun primeiro momento se ían chamar Los Árboles mueren de pie. O espírito de resistencia estaba aí, e segue sendo un dos estandartes da banda co título do último traballo Ensayo y error. Antes deste longa duración viron a luz, Catorce grados no 2012 e Los días que quedan son nuestros, no 2013. Neste momento comeza un longo proceso creativo que se materializa neste Ensayo y error, publicado este verán. 10 temas de marcado carácter autobiográfico, como apunta Alexandro González, con bos sons e boas composicións, froito de músicos perfeccionistas que aman o que fan e sacan tempo para ensaiar e grabar de onde non o hai.

Ensayo y error grabárono no Náutico de San Vicente, escenario no que adoitan tocar e a onde volverán o 8 de decembro. Nestes anos teñen sido cartel habitual nas Rías Baixas e en cidades como A Coruña e Santiago de Compostela. A cidade de Lugo e a Ribeira Sacra teñen acollido tamén concertos da banda. O pasado ano, por exemplo, tocaron no Festival 17º Ribeira Sacra xunto a nomes como Iván Ferreiro ou Novedades Carminha.  Sen embargo a sombra de Los Árboles non chegou aínda a Ourense, a pesar de compartir o territorio Ribeira Sacra.

Concerto Los Árboles Festa do Marisco / XdL

O concerto deste pasada fin de semana na Festa do marisco do Grove foi un dos últimos da banda neste ano. Volverán a retomar os concertos en abril-maio do 2019. Entre tanto seguirán adicando o tempo de lecer a ensaiar e seguir traballando na música porque “é algo que nos compensa emocionalmente a todos”, apunta Alexandro González. Será o vocalista, guitarra e piano o que continúe xirando no que queda deste 2018 e comezos do 2019. Farao en salas con piano acústico, interpretando temas de Los Árboles, pero tamén pezas inéditas e alguna versión. Trátase de seguir promocionando os temas con outro enfoque en nun ambiente máis íntimo. O 24 deste mes Alexandro González actuará en Santiago en La Borriquita de Belén, na Coruña o día 30, o 8 de decembro no Náutico de San Vicente e o comezo do 2019 levarao a Barcelona, Madrid, Vigo e Oviedo.

https://losarbolesoficial.com

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...

Monforte anuncia 25.000 euros en premios para o Entroido 2026

Comeza a conta atrás para o comezo do Entroido, e con el chegan os...