HomeCulturaMonólogo con Tito Rober, o día 4 na casa da cultura de...

Monólogo con Tito Rober, o día 4 na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte de Lemos, dentro do seu programa de actividades para o Nadal 2022-23, celebrará un monólogo a cargo de Tito Rober, titulado "Grandes hits" na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro este mércores 4 de xaneiro ás 20:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tito Rober é un humorista ourensán afincado na Coruña que ten xa unha traxectoria contrastada no humor, con premios recibidos en certames de monologuistas antes da pandemia.

Tamén ten colaborado en programas da TVG e dende hai un tempo traballa moito a improvisación. Neste eido, participa en espectáculos nos que comparte escenario con grandes do humor como Oswaldo Digón, entre outros.

No monólogo que presenta para esta ocasión, ademais dos seus grandes hits, haberá ocasión de escoitar anécdotas de bares; eses bares que foron a universidade deste cómico con anécdotas de todas as cores; historias sobre as relacións de parella; situacións que nos trouxo e deixa a pandemia; o ‘satisfayer’…

En fin, moito de que falar para pasar unha noite de humor con este “todoterreo da risa”.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...