HomeCulturaOs Reis Magos percorrerán o rural en Sarria e en Monforte partirán,...

Os Reis Magos percorrerán o rural en Sarria e en Monforte partirán, como é tradición, da estación de ferrocarril

Ás 17:30 horas do día 5 está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente á Estación do Ferrocarril de Monforte. En Sarria, Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitarán o seu paso polo municipio na xornada do 5, para percorrer boa parte das parroquias do rural co obxectivo de que ningún cativo/a quede sen poder entregarlles a súa carta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


As carrozas da Cabalgata de Reis polo centro urbano de Sarria partirán ás 18.00 horas desde a Feculeira e percorrerán a rúa da Liberdade, a rúa Diego Pazos e a rúa Matías López para rematar na Praza da Vila. Durante todo o percorrido, os tres Reis Magos irán acompañados polos nenos e nenas do municipio que se inscribiron para formar parte da comitiva de paxes reais.

Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitarán o seu paso polo Concello de Sarria para percorrer boa parte das parroquias do rural co obxectivo de que ningún cativo/a quede sen poder entregarlle a súa carta. A súa ruta polo rural inclúe os seguintes puntos de encontro e horarios: Colexio de San Fiz de Reimóndez (Callás e Cesar, 10.00 horas), Colexio de San Pedro de Froián (Vilaesteva, Calvor, San Pedro e San Mamede da Chanca, 10.15 horas), Colexio da Pena (10.45 horas), Colexio de Loureiro (Castelo, Lavandeira e Sisto, 11.15 horas), Colexio de San Saturniño (11.45 horas), Pavillón de Oural (12.15 horas), Nespereira (cruce de Airexe, 12.45 horas), entrada a Vilagudín (13.00 horas), Colexio de Vilamaior (13.15 horas), Colexio de Santo André (13.30 horas) e por Biville, Meixente (en Monte do Chan, fronte a Casa Trande, 14.00 horas).

Xa pola tarde, o percorrido dos Reis Magos polo rural sarrián retomarase no Colexio de Goián (16.30 horas), Santalla (17.00 horas), Treilán (17.15 horas), Colexio de Vilapedre (17.30 horas), Colexio de Céltigos (18.00 horas), Colexio de Veiga (18.30 horas), Colexio de Manán (19.00 horas), Colexio de Fonteabuín (19.30 horas), Colexio de Corbelle (19.45 horas), Colexio de Louseiro (20.00 horas), Colexio de Vilar de Sarria (20.30 horas) e finalizará no Colexio de Farbán (21.00 horas).

Cabalgata de Reis Monforte

Ás 17:30 horas está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente á Estación do Ferrocarril de Monforte onde serán recibidos polo Alcalde e por membros da Corporación municipal, e coa música da Escola de Gaitas do Concello. Aproveitarán a ocasión para saudar a todos os nenos e nenas que os estean esperando no andén da Estación.

Alí conformarase a Comitiva Real que estará integrada por catro carroza, unha coa estrela e 3 para os Reis Magos e seus paxes. Os paxes serán alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade. Ademais na comitiva tamén participarán o Grupo de Gaitas do Concello, así coma outros grupos musicais e decorativos.

A Comitiva Real partirá arredor das 18:30 horas dende a Praza da Estación, e percorrerá as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia (Ponte Novo), e finalizando no Campo de Santo Antonio ante a Casa do Concello, sobre as 19:30 h. Alí, os Reis Magos serán recibidos polo Alcalde do Concello de Monforte de Lemos e demais autoridades e membros da Corporación municipal.

Ás 19:45 horas as Súas Maxestades de Oriente lerán o discurso de Reis dende as escaleiras da entrada principal do Concello, finalizando a súa visita co reparto de caramelos e coa recepción ós nenos e ás nenas da cidade no alto das propias escaleiras exteriores do Concello.

Para facilitar o acceso con seguridade dos nenos e que se poidan sacar fotos coas Súas Maxestades, establecerase un circuíto delimitado con vallas de entrada e saída, aproveitando as ramplas laterais existentes a ambos lados da fachada do Concello, sendo á da dereita segundo se mira á fachada a entrada, e a saída pola rampla da esquerda.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...