HomeCulturaProxección do documental "Quererla es crearla" e presentación do libro de Xabier...

Proxección do documental “Quererla es crearla” e presentación do libro de Xabier Quiroga este xaneiro no Círculo Saviñao

Quererla es crearla é unha agrupación de persoas de diferentes colectivos –investigación, docencia, familia, alumnado– traballando en rede ao redor da conquista dun dereito humano: a educación inclusiva. De aí sae o documental do mesmo título que se proxectará o día 14 deste mes no Círculo Saviñao. O día 16 Xabier Quiroga presenta "O baile dos estorniños".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Quererla es crearla” reflicte a crenza, fundamentada por multitude de referencias científicas, de que unha educación deseñada para potenciar as capacidades de todo o alumnado á vez que constrúe unha sociedade sen exclusións non é unha utopía: debe ser unha realidade que construamos entre todas, e que o primeiro paso para iso é a vontade de que exista: só o desexo pode ser o inicio da realidade.

O documental “Quererla es crearla” é unha película dirixida por Cecilia Barriga que recolle con fidelidade esta reivindicación colectiva e reflicte o enormemente revolucionario que resulta vivir as nosas vidas ao ritmo e co coidado que nos marcan as necesidades das demais persoas e o inmenso potencial transformador de estar xuntas. Cecilia Barriga (Concepción, Chile, 1957) é unha directora, guionista e produtora audiovisual hispana-chilena que utiliza diversos formatos e xéneros: videoarte experimental, performance, documental e cinema de ficción.

A cita no Círculo Saviñao será o 14 de xaneiro ás 19.00h. Xa o día 16 tamén ás 19.00h. Xabier Quiroga presenta o libro “O baile dos estorniños”. Para este acto contarase tamén con Fran Alonso, Director de Edicións Xerais.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Monforte pola fonte do Parque dos Condes

A voceira popular, Katy Varela, esixe a José Tomé “recapacitar e deter” estes traballos...

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...