HomeCultura6 citas teatrais en Monforte do 26 de xaneiro ao 7 de...

6 citas teatrais en Monforte do 26 de xaneiro ao 7 de maio

Ibuprofeno Teatro, Fulano, Mengano e Citano, Olivas negras, Culturactiva, Redrum Teatro e Baobad Teatro, son as compañías galegas que presentarán os seus espectáculos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios para o primeiro semestre do ano 2023 iniciarase o 26 de xaneiro coa obra Smoke on the water, espectáculo para público adulto, con música en directo, que mestura o humor negro coa crítica social a cargo do grupo Ibuprofeno Teatro.

No mes de febreiro, o día 16,  a compañía Fulano, Mengano e Citano traerá a escena a produción A louca historia de Galicia, un percorrido en clave de humor a través da nosa historia, que destaca os acontecementos que fixeron de nós o que somos hoxe.

Olivas negras representará Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva o día 9 de marzo, un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica cunha historia de auto superación e empoderamento feminino.

Culturactiva, actuará o 20 de abril para pór en escena Conexión pinguín, unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos.

O 4 de maio, a compañía Redrum teatro pechará o ciclo de representación para adultos do primeiro semestre do ano, coa obra Un home con lentes de pasta, comedia negra que versa sobre as relacións humanas.

Non debemos esquecernos do público infantil, que terá o 7 de maio unha representación específica para eles, titulada O lobo e a lúa a cargo da compañía Baobab Teatro, unha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor, pensada para público familiar a partir de 3 anos.

Todas as obras mencionadas poñeranse en escena no Edificio Multiusos do Concello de Monforte, en horario de tarde, ás 20:15 h agás a representación do 7 de maio para público infantil que terá lugar ás 18:00 h.  A entrada xeral será dun importe de 5 € pero tamén haberá entradas bonificadas para nenos, estudantes, desempregados e xubilados a un importe de 3 €.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...