HomeCultura"Smoke on the water" de Ibuprofeno Teatro este día 26 no Multiusos...

“Smoke on the water” de Ibuprofeno Teatro este día 26 no Multiusos de Monforte

O Concello de Monforte, inicia este xoves, dia 26 ás 20:15 no Edificio Multiusos a programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2023 en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación iniciarase o 26 de xaneiro coa obra Smoke on the water, espectáculo para público adulto, que mestura o humor negro coa crítica social. Trátase dunha traxicomedia sórdida con música en directo. Unha historia de sexo, drogas e rock and rol e, por suposto, de amor.

Sinopse

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no Rock and roll dos 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este “status quo” absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie.

A programación do primeiro semestre deste ano 2023, completarase con outras cinco obras que se irán representando nos próximos meses. No mes de febreiro, o día 16,  a compañía Fulano, Mengano e Citano traerá a escena a produción A louca historia de Galicia, un percorrido en clave de humor a través da nosa historia.

A entrada xeral será dun importe de 5€ pero tamén haberá entradas bonificadas para nenos, estudantes, desempregados e xubilados a un importe de 3€.

ÚLTIMAS

Por Chantada denuncia as incidencias eléctricas no municipio con horas sen luz e esixe responsabilidades

A formación política asegura non entender que "nun dos Concellos que máis enerxía produce...

270.000€ para dotar de luminarias a ronda urbana e o paseo fluvial de Monforte

Por unha banda actúase no tramo da ronda urbana comprendido entre a rotonda do...

240 alumnos de 0 a 3 anos disporán no curso 2026-2027 de educación gratuíta na zona sur de Lugo

O prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís autonómicas rematou o pasado venres,...

Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Danza de Monforte

As alumnas do centro ofreceron unha demostración do traballo realizado durante o curso nas...