HomeCulturaDomingo de Entroido de Budián, en Pantón

Domingo de Entroido de Budián, en Pantón

O vindeiro domingo 19 de febreiro festexarano da man da Asociación de Veciños de San Brais de San Romao de Acedre e de Segredos de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A entidade cultural Segredos de Pantón está a recuperar a tradición entroideira das parroquias do concello dende hai uns anos. Baixo o paraugas de ‘Entroido do Cabe’ colleitaron material para poder recuperalo e festexalo nas parroquias de San Fiz de Cangas (Arribada), San Xoán de Frontón (Frontón, Lornís e Seragude) e San Romao de Acredre (Budián).

Neste último lugar, o vindeiro domingo 19 de febreiro a asociación de veciños San Brais de San Romao de Acedre e a propia asociación cultural Segredos de Pantón farán un percorrido do “Entroido de Budián” pola parroquia. Está previsto que saian ás 10:30 h. dende o Campo en Budián, e dende alí percorrerán todas as aldeas de Acedre e incluso algúns lugares estremeiros pertencentes á freguesía de Santiago de Cangas.

Dende as asociacións organizadoras convidan á xente a participar e lembran que non faltará a presenza dos Farranquís e dos Brancos.

Os Brancos. Foto: Santos Santos.
Farranquí. Foto: Santos Santos

ÚLTIMAS

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...