HomeCulturaCantos de Taberna o 18 de marzo en Quiroga, o 13 remata...

Cantos de Taberna o 18 de marzo en Quiroga, o 13 remata o prazo para inscribirse

Volven a Quiroga os Cantos de Taberna. Esta recuperación da música tradicional celebrarase o sábado, 18 de marzo, e ata o vindeiro luns, día 13 permanecerá aberto o prazo para que os grupos interesados realicen a súa inscrición. A deste ano, a VI edición, preséntase con varias novidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para que se leve a cabo esta actividade precísase un mínimo de seis grupos musicais e que cada grupo conte cun mínimo de cinco integrantes, ata o momento son 5 os grupos inscritos. Outra das novidades será que se entregarán 150 € a cada grupo participantes para que gasten nos establecementos aos que acudan, os establecementos participantes pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

En cantos ás bases non hai novidades. Está previsto que antes do comezo se reúnan os grupos participantes para darlles o itinerario do recorrido, a actuación en cada establecemento roldará a media hora e rematarase sobre a media noite cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona dos pubs.

10 establecementos hostaleiros da vila participan nesta edición dos Cantos de Taberna. Os grupos interesados en participar poderán facelo a través do teléfono da Casa da Cultura o  982.43.51.25.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...