HomeCulturaAprendendo a educar o cerebro, este día 15 na casa da cultura...

Aprendendo a educar o cerebro, este día 15 na casa da cultura de Monforte

A Asociación cultural, educativa e social aulABERTA organiza para este mércores, 15 de marzo ás 20:15 na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, a charla: "As funcións executivas do cerebro. As claves do éxito."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Impartirá a charla, Jesús Guillén, membro da cátedra de neuroeducación na UB, profesor de posgrados e do máster; autor dun blog moi coñecido “Escuela con Cerebro”, autor dun libro “Neuroeducación en el aula, de la teoría a la practica“, coautor de “Neuromitos en educación“, formador de cursos online, escribiu diferentes artigos na revista “Cuadernos de Pedagogía” e varias plataformas educativas; elaborou, xunto con outros compañeiros, o “Plan de Neuromotricidad y Aprendizaje” de MECD de España, etc.

“Dedícase á docencia, á investigación na infancia de factores críticos que inciden na aprendizaxe e á  divulgación de neuroeducación. Daranos as claves para unha aprendizaxe desde, en e para a vida e axudaranos a entender mellor cales son as funcións cognitivas do noso cerebro que nos permiten planificar e tomar unhas boas decisións tanto na vida diaria como na educación”, aseguran desde aulAberta.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...