HomeCulturaLois Diéguez presenta o 29 de marzo no Centro do Viño da...

Lois Diéguez presenta o 29 de marzo no Centro do Viño da Ribeira Sacra a súa última novela

O recoñecido escritor monfortino, Lois Diéguez, presentará a súa última novela " As voces amadas", este mércores, día 29 de marzo, ás 20:00h no Centro do viño Ribeira Sacra en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“As voces amadas” (Editorial Galaxia), trata sobre as relacións entre as persoas e as máquinas e do xeito en que internet, as redes sociais e a intelixencia artificial afectan ás nosas vidas. O autor estará acompañado pola escritora, Olga Novo, a actriz, María Barcala e o director de teatro, Xulio Lago.

Sinopse de “As voces amadas”

Poderías imaxinar, espertando unha mañá, mudado nunha cascuda enorme ao xeito do mestre Kafka. Ou, se non, entrando no tempo noso, mañá mesmo, trocado nun xigantesco e escuro móbil apertado a ti na cama estreita, afogándote mesmo, asfixiándote, sen que te puideses librar del, con milleiros de voces asaltándote, anguriándote, nunca facéndote feliz.

Imaxina… Ou non, non imaxines, emite tan só unha palabra, varias, unha frase: eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes vontade. Fala, sente. Daquela, esta é a túa salvación, a túa liberdade, mellor. Sinte todo o que os humanos podemos sufrir ou gozar por nós mesmos. Ser humanos. Ser galegos e galegas; cidadáns, así, do mundo. Le, pois, as personaxes de As voces amadas para sentirte, coma eles, libre ou escravo, ou diferente, e crear saíndo das regras da propia novela ou sociedade, aquelas aventuras que sempre pensaches, as que nunca fuches quen de conseguir agarrar coas túas mans, co propio cerebro enferruxado. Quizais. Vive, pois, por ti mesma, acaso de xeito distinto, estes personaxes de As voces amadas. Sé ti mesmo, sé ti mesma, na recreación

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...