HomeCultura"La chica de la ventana", primeiro premio no Ateneo Cineduca

“La chica de la ventana”, primeiro premio no Ateneo Cineduca

A curta realizada polo alumnado do colexio dos Escolapios de Monforte, "La chica de la ventana" gaña a II edición do certame Ateneo Cineduca, organizado polo Ateneo de Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este proxecto educativo, titorizado polo profesor, Javier Saco, busca educar en valores reivindicando o poder da creatividade como un mecanismo eficaz para potenciar a autoestima do alumnado e protexelo ante o bullying.

Trátase ademais dun tributo póstumo á profesora, Beatriz Pérez, no que se involucrou a comunidade educativa do centro e que foi filmado en diferentes espazos de Monforte, Sober e O Courel.

Javier Saco agradeceu ao Ateneo de Santiago este recoñecemento, así como a oportunidade de divulgar este tipo de proxectos educativos que se apoian no audiovisual para xerar conciencia de forma eficaz entre o alumnado, á vez que este fomenta a súa propia capacidade creativa. A web elrincondeleonardo.com reúne ao completo o proxecto educativo deste docente monfortino, incluíndo todos as curtas que realizou no seu centro educativo.

ÚLTIMAS

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...