HomeCulturaO músico sarriao Abraham Cupeiro pregoará as festas do San Xoán no...

O músico sarriao Abraham Cupeiro pregoará as festas do San Xoán no seu concello

O músico e multiinstrumentista sarriao Abraham Cupeiro será o pregoeiro das festas do San Xoán 2023, que se celebrarán entre os días 23 e 27 de xuño e que repetirán ubicación na rúa Castelao e a súa contorna tras a boa acollida da anterior edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Abraham Cupeiro, que estudou trompeta no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e realizou posteriormente un Máster en Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona, formou parte desde moi novo de grupos de folk, jazz e música antiga.

Desde hai anos destaca polo seu labor de recuperación de instrumentos perdidos no tempo e a súa utilización para crear novas sonoridades e incorporalos a músicas alleas ao seu estilo orixinal. Como instrumentista, é unha das poucas persoas do mundo que toca o Karnyx -trompleta celta da Idade de Ferro- e o seu interese pola organoloxía levouno a reunir unha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas.

Claudio Garrido indicou que “Abraham Cupeiro é un sarriao que exerce como tal e que acostuma a mencionar as súas orixes alí onde ten oportunidade” e resaltou que “actualmente é un dos grandes embaixadores da cultura galega e tradicional tanto a nivel nacional como internacional”. “É unha honra que teña aceptado a invitación para ser o pregoeiro do San Xoán 2023”, engadiu.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...