HomeCulturaBerteau Ensemble na Primavera Musical de Sober este 29 de abril ás...

Berteau Ensemble na Primavera Musical de Sober este 29 de abril ás 20.00h

Berteau Ensemble xorde dunha paixón compartida pola música antiga e a interpretación histórica. Martin Egidi, violoncello (Lausana, Suíza), Irene González Roldán, clave (Sevilla) e Pablo Pérez, violoncello (Madrid) coñécense na Schola Cantorum Basiliensis, prestixiosa institución educativa de música antiga en Suíza, onde colaboran habitualmente en diferentes formacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Primavera Musical organizada polas Xuventudes Musicais e o Concello de Sober trae á localidade a actuación de ‘Berteau Ensemble’ formado por Pablo Pérez, Martín Egidi e Irene González. A actuación será o sábado, día 29, ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Sober.

Presentan ‘En Bologna e en París’, un programa que xira en torno ao violoncelo a finais do século XVII e durante todo o século XVIII. Sendo un instrumento relativamente moderno, é neste período cando máis se desenvolve a técnica, florece o repertorio e establécese definitivamente como instrumento indispensable na música de cámara e de orquestra ata a actualidade. 

O repertorio céntrase na obra dos primeiros grandes virtuosos da orquestra da basílica de San Petronio en Bologna: Gabrielli, Jacchini, Bononcini, etc. así como da escola francesa creada por Berteau “Lle Célèbre BERTEAU qui a fait époque et dont a reputation subsiste encore, peut être considéré comme lle créateur du Violoncelle” (Duport, 1805, p.145) e continuada polos irmáns Jean-Pierre e Jean-Louis Duport.

Programa

  • D. Gabrielli: Sonata à Violloncello solo, con il Basso Continuo
  • G.M. Jacchini: Sonata à Violoncello Solo, Op. 1 nº 8
  • D. Gabrielli: Sonata à Violoncello solo, con il suo Basso Continuo
  • F. Geminiani: Sonata pour le Violoncelle et Basse Continue, Op. 5 nº 1, H.103
  • M. Berteau: Sonata da Camera a Violoncello Solo col Basso Continuo, nº 1
  • J.P. Duport: Sonata pour le Violoncelle, Op. 4 nº 5

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...