HomeCulturaA Pobra do Brollón consigue unha subvención de Territorio Cultura de 35.000€

A Pobra do Brollón consigue unha subvención de Territorio Cultura de 35.000€

A Pobra do Brollón foi o terceiro concello mellor puntuado entre os 27 concellos que solicitaron a subvención, e un dos catro concellos aos que finalmente se lles concedeu.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón consigue a subvención de Territorio Cultura cun total de 35.000 euros para destinar a actividades culturais. Trátase dunha liña de subvencións xestionada pola Xunta de Galicia a través da Agadic, ao amparo do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation.

O Concello da Pobra do Brollón informará proximamente sobre as actividades ás que se destinarán os fondos conseguidos, pero anticipa que son moitas e variadas, dirixidas a un público moi diverso de todas as idades: concertos, obradoiros infantís, charlas, foliadas, artes plásticas…

As actividades responden á política cultural que dende hai anos está a desenvolver o Concello, baseada na participación cidadá, na descentralización, na alta presenza de mulleres e na creación de estrutura económica arredor das redes culturais.

“As bases da subvención de Territorio Cultura recollen o que levamos facendo de xeito autónomo nos últimos anos. É unha forma de ver a cultura que nos sae de xeito natural,” afirma o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. Maceda participou o venres nun acto de presentación de Territorio Cultura na Cidade da Cultura, no que fixo exposición da programación.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...