HomeCulturaTres escritores de luxo para celebrar o 25 aniversario da Librería Agrasar

Tres escritores de luxo para celebrar o 25 aniversario da Librería Agrasar

A libraría monfortina organizará tres presentacións de libros, descontos especiais e un sorteo. O autor e as autoras que presentarán libro son: Xabier Quiroga, Marilar Alexandre e Teresa Moure.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xerencia de Librería Agrasar organizou unha serie de actividades especiais para todos os amantes da lectura co obxectivo de celebrar por todo o alto o seu 25 aniversario entre o 5 e o 12 de maio.

No transcurso das devanditas datas a libraría ofrecerá un desconto do 5% en todos os seus libros, para que os clientes poidan adquirir aqueles que máis lle gusten a un prezo reducido, e tamén organizará tres presentacións literarias con escritores de renome da literatura actual.

PRESENTACIÓNS LITERARIAS CO GALLO DO 25 ANIVERSARIO

O autor Xabier Quiroga, natural do Saviñao, finalista do Premio Xerais 2001 e gañador do premio da Crítica en 2009 e 2014, presentará a súa última novela “Coa man esquerda” o venres 5 de maio ás 20:00 h.

Marilar Alexandre, gañadora do premio nacional de narrativa 2022 polo libro “As malas mulleres”, presentará esta mesma obra o vindeiro mércores 10 de maio ás 18:30 h. Estará acompañada pola autora Olga Novo, gañadora do Premio Nacional de poesía no ano 2020 polo seu poemario “Feliz Idade”.

Como remate a esta triple presentación literaria de maio, a escritora monfortina Teresa Moure (Premio Xerais 2005) dará a coñecer na Librería Agrasar a súa obra “La edad bajo sospecha” o venres 12 de maio ás 20:15 h.

Segundo indica a xerencia, a entrada será libre a todas a presentacións mais requírese previa reserva para asegurar praza. O teléfono para anotarse é o 698 19 06 76.

SORTEOS

Outra iniciativa para festexar o 25 aniversario será a realización de sorteos. Quen asista ás presentacións de libros terán a oportunidade de participar nun sorteo especial para gañar un vale de 100 euros co cal poderán mercar libros.

ÚLTIMAS

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...