HomeCulturaQuiroga conmemora o 17 de maio

Quiroga conmemora o 17 de maio

O Concello de Quiroga organiza diversos actos para conmemorar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao escritor, Francisco Fernández del Riego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como todos os anos a casa do concello acollerá, a unha do mediodía, unha recepción aos colectivos culturais do municipio e a entrega de premios aos gañadores do certame de narración e debuxo Letras Galegas.

Nesta xornada non faltará a música tradicional que virá da man do grupo de gaitas “O Recanto” que actuará diante da casa consistorial unha vez remate a recepción.

O Recanto / XdL

Pola tarde, a partir das oito na casa da cultura representarase a obra de teatro infantil “Unha de Piratas”, a cargo da asociación cultural Os Carballiños. Un espectáculo de cancións, teatro e monicreques no que o protagonista, un neno ao que lle gustan as aventuras, descubrirá que o seu maior tesouro son os seus libros e a súa imaxinación. Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura que ofrecen as bibliotecas públicas, “Ler conta Moito”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...