HomeCulturaLibros sobre Francisco Fernández del Riego para Colexios e Institutos de Lugo

Libros sobre Francisco Fernández del Riego para Colexios e Institutos de Lugo

Con motivo do Día das Letras Galegas, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo está facendo chegar a centros de ensino da provincia exemplares de dous libros arredor do senlleiro intelectual galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O libro de viaxes Galicia, mostra da faceta como narrador do intelectual laurentino, e Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro, son os dous libros cos que a Vicepresidencia da Deputación agasallará ao alumnado dos Colexios e Institutos da provincia de Lugo para conmemorar o Día das Letras Galegas deste ano. O legado silandeiro, de Héctor Cajaraville, é un libro para lectores e lectoras novas –publicado na Colección Merlín de Xerais– que aborda a contribución de Del Riego á vida política, social e cultural e inclúe unha presentación audiovisual.

A Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, explicou que “trátase de exemplares adquiridos polo Servizo de Publicacións co obxectivo de apoiar a produción editorial en galego e colaborar na divulgación da vida e da obra de Fernández del Riego, ofrecendo aos centros de ensino recursos que consideramos de interese para traballar sobre a súa figura”. “Queremos tamén con isto recoñecer e suliñar a implicación e o interese que a comunidade educativa pon na celebración dunha data fundamental para a lingua e a cultura galega”, engadiu.

Xunto aos libros ao redor de Fernández del Riego, remitíronse aos centros exemplares das últimas publicacións editadas e participadas polo Servizo de Publicacións da Deputación , como Aquí non pasa nada de Juan Castro Lodeiro, que repasa a historia da creación musical lucense, ou Nós tamén temos historia, un traballo do alumnado do IES Lucus Augusti que recompila historias familiares.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...