HomeCulturaEste 2 de xuño o Conservatorio de Monforte celebra o Festival de...

Este 2 de xuño o Conservatorio de Monforte celebra o Festival de Fin de Curso

O festival que estaba previsto celebrar na Praza de España ás 19.00h., ante a posibilidade de tormentas, terá lugar no auditorio do Edificio Multiusos e nel participarán todos os alumnos/ as e profesorado do centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Conservatorio Municipal de Música Mestre Ibáñez organiza un acto de clausura do curso académico, “O Festival fin de curso do Conservatorio”, que terá lugar este venres, 2 de xuño, no Edificio Multiusos de Monforte.

As actuacións realizaranse de forma individual, en distintos grupos de conxunto, coros e orquestra. O alcalde, José Tomé, anima a todos os monfortinos e monfortinas a gozar do festival e a compartir cos alumnos e alumnas do conservatorio “unha xornada tan importante para eles que marca a finalización dun curso do que de seguro sacaron proveito.”

ÚLTIMAS

O Museo do Ferrocarril de Galicia amplía espazo expositivo

A nova sala, que se vén de abrir, recolle elementos relacionados coa historia e...

57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, destaca, “Temos unha cifra sólida de usuarios...

Presentación literaria e concerto sobre ‘memoria musical’ e ‘tradición’

Colectivo Vermut vén de anunciar a organización dun evento cultural centrado na memoria musical...

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...