HomeCulturaSuspéndese o concerto de Abe Rábade no souto de Miraz

Suspéndese o concerto de Abe Rábade no souto de Miraz

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel vén de comunicar que mañá, sábado 3 de xuño, non se realizará o evento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Lamentamos ter que comunicarvos que nos vemos na obriga de aprazar o concerto do CourelSon 23 previsto para mañá no souto de Miraz ante as previsións meteorolóxias, que avisan dun 100% de tronada con alerta amarela por auga e raios”, din dende a organización.

A decisión tomada dende a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel busca garantir a seguridade dos músicos e das persoas que ían participar no concerto. En palabras deles, “as previsións climatolóxicas impedirían que o concerto se desenvolvera nas mellores condicións, no mellor espazo e cos mellores músicos”.

Así as cousas, a actuación de Abe Rábade e Davide Salvado pasará ao vindeiro 30 de xuño.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...