HomeCultura"Mitos e Lendas da Ribeira Sacra" preséntase o 2 de xullo cun...

“Mitos e Lendas da Ribeira Sacra” preséntase o 2 de xullo cun roteiro en Marce, Pantón

O roteiro terá a saída ás 17 h. da capela de San Marcos (Marce). É unha actividade de balde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a asociación cultural “Segredos de Pantón” e Estudio Gnomo organizan o vindero domingo, 2 de xullo, unha actividade polas terras de Marce en Vilar de Ortelle, no concello de Pantón. Presentarase o novo libro de Estudio Gnomo titulado “Mitos e Lendas da Ribeira Sacra”. Contarase coas autoras e cun entorno dunha das lendas do libro, as xacias de Marce.

Farase tamén un roteiro duns 4,5 kms de dificultade sinxela dende Marce ata o castro de Marce. Onde coñecerán a lenda das xacias, outras lendas da contorna, a historia do castro de Marce e decubrirán os segredos da Torre de Marce do Castellum Minei e moitas sorpresas que a ribeira sempre agocha.

Cóntase con 30 prazas, previa inscrición no correo segredosdepanton@gmail.com

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...