HomeCultura'Sober coa lectura': Premio María Moliner de Animación á Lectura

‘Sober coa lectura’: Premio María Moliner de Animación á Lectura

A Biblioteca Municipal do Concello de Sober recibe un ano máis este recoñecemento para municipios con menos de 50.000 habitantes que concede o Ministerio de Cultura e Deporte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Biblioteca Municipal do Concello de Sober vén de recibir un dos Premios de Animación á Lectura María Moliner 2023 para municipios menores de 50.000 habitantes que concede o Ministerio de Cultura e Deporte. O recoñecemento non é nada extraordinario para esta biblioteca pois está acadando este galardón de xeito consecutivo desde o ano 2018.

A distinción foille outorgada polo programa denominado ‘Sober coa lectura’ que comprende actividades para nenos e adultos. O premio conleva unha subvención en metálico de preto de 3.000 euros para a compra de libros e publicacións periódicas.

O recoñecemento inclúe as actividades que se fan nas Merendas con Contos, no Club de lectura e no Faladoiro dos luns.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...