HomeCulturaOs colexios de Oural e O Incio locen murais homenaxe a Rosalía

Os colexios de Oural e O Incio locen murais homenaxe a Rosalía

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e a deputada de Cultura Iria Castro visitaron o CEIP Antonio Fernández López de Oural, no concello de Sarria, onde a muralista Diana Rodeiro “Nana” realizou unha das intervencións artísticas homenaxe a Rosalía de Castro promovidas pola área de Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas últimas semanas, a artista compostelá pintou a súa obra no IES de Monterroso e no CEIP Ricardo Gasset do Incio, e continuará ao longo do vindeiros meses no IES Lois Peña Novo de Vilalba, no CEIP de Castroverde, no CEIP Península da Paz de San Cibrao, en Cervo, no CEIP de Navia de Suarna, no CEIP Rosalía de Castro de Mosteiro, en Pol.

Outras dúas muralistas – Sandra Lodi e Lara Torres – realizan obras en homenaxe a Rosalía de Castro en centros educativos das distintas comarcas, contribuíndo a popularizar a súa figura como referencia cultural e feminista.

Ao longo do ano faranse 18 murais. As actuacións dan continuidade á iniciativa desenvolvida nos últimos tres anos pola área de Cultura, sumando máis de medio cento de intervencións artísticas de homenaxe a Rosalía.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...