HomeCulturaExposicións temporais no Museo Pazo de Tor

Exposicións temporais no Museo Pazo de Tor

A RMPL (Rede Museística Provincial de Lugo) ten en marcha durante este verán 5 exposicións temporais en dous dos catro museos que xestiona (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar de San Cribrao, Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol e o Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos) e na sala de exposicións da Deputación Provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Museo Pazo de Tor cóntase ata finais de setembro coa exposición Historia do Futuro, un proxecto de Pamen Pereira e Che Marchesi que dá luz aos recordos, e ao que se agocha entre as fendas dos muros.  A intuición e sensibilidade destes dous artistas dialogan na creación das obras desde o rigor e a complicidade na interpretación da natureza. Coa súa poética realizan intervencións cos recursos tradicionais e as novas tecnoloxías permitíndonos ver máis aló da realidade representada e proporcionando novos códigos.

Historia de Futuro é unha intervención artística no interior do Museo Pazo de Tor, e cóntase tamén con intervención no exterior, froito das residencias Land Art de creación comunitaria “Da terra que dá novas relación entre arte e vida”. Neste casofrecen as súas miradas, que poñen o principal foco nas persoas e no territorio, Lois Cid, Rosa Neutro, Alberto Oderez e Verónica Vicente. Por exemplo, Rosa coa súa filla Violeta, propón Dogma Natura, rosa e violeta, que presenta ao público, a conciliación, os coidados, a infancia e a diversidade. Estes artistas expoñe en Toraidentidade co paso do tempo, a relación coa paisaxe emocional máis persoal e o vínculo co territorio dos habitantes da zona.

A área de cultura da Deputación de Lugo a través da RMPL organiza estas exposicións gratuítas e abertas a todas as persoas interesadas. Máis información sobre a actividade nos museos da RMPL na web comunidadermpl.gal.

Residencias artísticas Tor / RMPL

ÚLTIMAS

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...