HomeCulturaTwo in the Mirror de concerto na terraza de verán no Círculo...

Two in the Mirror de concerto na terraza de verán no Círculo Saviñao

‘Two in the Mirror’ é un dúo de versións soul, pop, jazz e funk en inglés, castelán, italiano, portugués e hebreo. Composto por Paco Dicenta (baixo eléctrico e loops) e Noelia Álvarez (voz).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Two in the Mirror, o dúo formado por Noelia Álvarez e Paco Dicenta, volveu ao Círculo Saviñao para participar un ano máis nos concertos na terraza de verán. O dúo formouse hai once anos e dende entón, debido ó bo resultado do directo e á gran acollida por parte do público, percorreron escenarios de toda España e Portugal.

Paco Dicenta é un músico con máis de 27 anos de traxectoria, presente en innumerables formacións de diversos xéneros musicais (jazz, soul, funk, folk, gospel, rock), actualmente con Aretha Franklin Tribute Band, Oscar Ibáñez & Tribo, Gnomon, Phantom Club, Banda de gaitas provincia de Pontevedra, En Clave de Fado, Jotinhos e moitas máis.

Noelia Álvarez colabora con diferentes formacións dende hai 19 anos, tamén de diferentes xéneros (rock, soul, hip-hop, funk, gospel) e gravou a súa voz en diferentes traballos discográficos. Na actualidade traballa con Aretha Franklin Tribute Band, Ana Belén Rodríguez García Trio, Chow e a Dilixente Reggae Band e MCarballo Band entre outros proxectos.

ÚLTIMAS

O 14 de febreiro Sober celebra o desfile de Entroido e o Baile da Cachucha

O sábado, día 14, a festa empeza ás 17:00h co desfile de Entroido...

Xornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Baixo o título de “Elaborar aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia....

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...