HomeCulturaDestacados grupos no Verbena Fest de Sarria os días 4 e 5...

Destacados grupos no Verbena Fest de Sarria os días 4 e 5 de agosto

A Xunta de Galicia patrocina o festival Verbena Fest de Sarria, que se desenvolverá os días 4 e 5 de agosto no local do Meigallo, cunha terraza ao aire libre con capacidade para 1000 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca a importancia de impulsar este tipo de eventos musicais que “descentralizan a oferta cultural apostando pola calidade e pola singularidade”. Felicitou á organización por “combinar talento galego e nacional nun cartel que atraerá a Sarria a numeroso público para desfrutar de bandas de renome”

A Xunta patrocina os concertos de Sexy Zebras, Kamikaze Helmets e Louband, que actuarán no Verbena Fest xunto con grupos como Second, The Rapants, Malenne, Los Naipes ou Grande Osso. A gastronomía é un valor engadido para o festival, con varios postos de comida no recinto. A cita servirá de marco para que distintos colectivos e asociacións de Sarria instalen postos informativos para dar a coñecer o seu traballo.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...