HomeCulturaO Museo Pazo de Tor no programa de visitas Sabías que? Mirar...Sentir...

O Museo Pazo de Tor no programa de visitas Sabías que? Mirar…Sentir na RMPL

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) ofrece visitas guiadas gratuítas nos catro museos que xestiona. Este mes de agosto pon en marcha ademais o programa de visitas Sabías que? Mirar… Sentir na RMPL que incopora visitas guiadas on line aos museos da RMPL e visitas guiadas de curta duración ao Museo Provincial de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A RMPL ofrece habitualmente visitas guiadas gratuítas aos 4 museos que xestiona na provincia nos seus horarios de apertura e a través do correo concertacionsrmp@gmail.com. O Museo Provincial de Lugo abre as súas portas de martes a sábado en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30. Os domingos e festivos, o horario é contínuo de 10:00 a 16:00. O Museo Provincial do Mar abre de martes a sábado en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00; domingos e festivos de 10:00 a 15:00. No Museo Fortaleza de San Paio de Narla ábrese de martes a domingo de 10:00 a 20:00. No Museo Pazo de Tor as visitas son sempre guiadas e previa cita, de martes a domingo ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00. O aforo é limitado para garantir o coidado das pezas.

Para este mes de agosto, a área de cultura da Deputación a través da RMPL pon en marcha o programa de visitas Sabías que? Mirar…Sentir na RMPL, que se desenvolverá de modo presencial no Museo Provincial de Lugo e on line no resto dos museos da Rede. A proposta achéganos aos museos cos 5 sentidos para miralos poder sentir o que é ser lucense. Pódese participar sen necesidade de inscrición previa. Este tipo de visitas curtas, plantexadas para 20 minutos, permiten coñecer en pouco tempo a provincia de  Lugo nos museos e historias ocultas detrás das coleccións.

As visitas presencias ao Museo Provincial de Lugo terán a seguinte axenda de martes a xoves:

  • 8, 9, 10 e 11 ás 17:00
  • 15, 16, 17 e 18 ás 12:00
  • 22, 23, 24 e 25 ás 17:00
  • 29, 30 e 31 ás 12:00

Nesas mesmas xornadas, en horario de 12:30 realizaranse visitas on line aos outros museos da Rede (Museo Provincial do Mar en San Cibrao; Museo Fortazaleza de San Paio de Narla e Friol e o Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos) a través do Facebook da RMPL.

O obxectivo é que as persoas se acheguen aos museos con tódolos sentidos, non pasear véndoo, se non miralo con novos ollos para poder sentilo. “As persoas que coñecen os museos, achegaranse a eles con outros ollos e as persoas de fóra levaranse pedaciños da alma das e dos lucenses, descubrindo de verdade a nosa provincia e noso patrimonio”, asegura a xerente da RMPL, Encarna Lago.

ÚLTIMAS

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...