HomeCulturaXXII Festival de Habaneras, o 2 de setembro na Praza de España...

XXII Festival de Habaneras, o 2 de setembro na Praza de España de Monforte

A praza de España acolle este sábado, 2 de setembro, ás 21:00 horas a celebración dunha das citas clásica do verán musical monfortino, o Festival de Habaneras, que está organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, e que conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Festival de Habaneras alcanza as 22 edicións avalado polo éxito de público das citas de anos anteriores e, fundamentalmente, pola calidade dos grupos que participan en cada un dos certames.

O cartel deste ano está conformado polo Coro de la Bodega de Candás (Asturias). O nome de “Coro de la Bodega” ponse como homenaxe ás persoas traballadoras nas fábricas de conserva, popularmente coñecidas, en Candás, como Bodegas. A Coral Polifónica Estradense ten participado en programas de radio e televisión galegas, actuando recentemente nun programa especial da TVG, dedicado a Juan Pardo. Tamén foi seleccionada a participar en varias edicións do programa “Galicia Cantat” organizado polo IGAEM. Con motivo do centenario da estrea do himno galego, viaxa a La habana e actúa no Centro Galego e en diversas asociacións galegas e institucións cubanas. En lembranza desta visitas, Xabier Constanza compón una habanera en galego “Cen anos hai” con letra de Xosé Mª Lema, compoñente da coral.

A Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos: Fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas. O seu repertorio inclúe música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas…Ten no seu haber numerosas actuacións a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional. A dirección da coral corre a cargo de Fernando Sanmartino Pérez. Formouse musicalmente nos conservatorios de Ourense, A Coruña e Santiago. Foi director da Coral de Samos. Na actualidade compaxina a dirección da Coral coa de director do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos.

Programa do Festival de Habaneras

Coro de la Bodega de Candás  

  • Dicen que dicen, J.García Román.
  • La golondrina, armonización José Pagán.
  • Blancas como palomas, armonización Luis Aramburu.
  • Renaces tú, Arturo Duo Vital.
  • El sabor de una habanera, Armando Bernabeu.

Coral Polifónica Estradense

  • Barcarola, Arrieta.
  • Melodías antillanas, letra: Mª Paz Andreu, música: Armando Bernabeu.
  • El sabor de una habanera, letra: Mª Teresa Lorenzo, música: Armando Bernabeu.
  • Las cuatro palomas, Ignacio Peñeiro.
  • Jardín de ensueño, F.A. Rey Rivero.

Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos

  • La hamaca, J. Trayter.
  • A tí María Luisa, Victor Fernández Nogueiras.
  • Yo te diré, música: J. Halpern, arreglos: José Blasco, letra: Enrique Llovet.
  • Torrevieja de mis amores, Manuel Díaz Cano.
  • Habanera “Don Gil de Alcalá”, Manuel Penella.

ÚLTIMAS

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...

21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

A ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada vén desenvolvendo no...