HomeCultura1 de outubro de roteiro literario en Quiroga

1 de outubro de roteiro literario en Quiroga

O Concello de Quiroga organiza o primeiro roteiro literario pola ruta “Quiroga, territorio literario” o domingo, día 1 de outubro. A ruta que ten un recorrido de 10 km farase andando e contarase cos profesores e escritores Celia Díaz e Xosé Estevez como relatores. Tamén se contará coa música de Xavier Blanco, da fundación Legar e coas voces dos alumnos do CEIP e do IES de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta ruta conta con 19 emprazamentos vinculados dalgunha maneira con sete escritores: Pura e Dora Vázquez viviron en Quiroga sendo nenas; Ernesto Guerra da Cal, con familia quiroguesa, viviu coa súa tía en varios lugares da vila durante a súa nenez e adolescencia; Eduardo Moreiras naceu en Quiroga e volveu con frecuencia a estas terras para explorar vales, ríos e montañas; Luis Losada naceu no San Vitoiro do século XVIII; Ánxel Fole residiu na Veiguiña para protexer a súa integridade despois da Guerra Civil; e a avoa de Manuel María era do Hospital, ademais fixo fondas amizades nestas terras.

As persoas interesadas en participar na ruta, que se desenvolverá entre as nove da mañá e as dúas da tarde, teñen que inscribirse na casa da cultura antes do 29 de setembro ben persoalmente, no teléfono 982.43.51.25 ou no enderezo cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...