HomeCulturaEste 21 de setembro teatro en Chantada para conmemorar o Día do...

Este 21 de setembro teatro en Chantada para conmemorar o Día do Alzheimer

Ítaca Teatro participa con "Formigas no peto" nos acto conmemorativos do Día do Alzheimer en Chantada. A cita ás 20:00h no Auditorio Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A compañía lucense, Ítaca Teatro, estará o xoves, día 21 de setembro, en Chantada con Formigas no peto, que se representará ás 20h no Auditorio Municipal, con entrada de balde.

A función enmárcase no circuito teatral promovido pola Deputación de Lugo e na programación de actos organizados pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada para conmemorar o Día Internacional dedicado a concienciar sobre esta doenza.

Formigas no peto é unha intimista e emotiva proposta teatral, baseada no traballo de narrador e de actor de Carlos Rebolo, que viaxa por momentos e lugares da súa infancia, salpicados de lembranzas que mesturan personaxes do cotián con imaxes icónicas do cine ou da literatura.

Formigas no peto

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...