HomeCultura‘Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra’, chegará á Pobra do Brollón

‘Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra’, chegará á Pobra do Brollón

Este programa que impulsa a Xunta de Galicia, e coordina a RAG, chegará este outono a Terras Guímaras para preservar topónimos do concello e procurar colaboradores/as que fagan labores de recollida para incorporar na plataforma ‘Galicia Nomeada’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, presentaron o pasado 9 de outubro a sexta edición do programa Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, que, no marco dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados pola Xunta de Galicia e coordinados pola RAG, chega este outono a unha ducia de concellos das catro provincias galegas cun dobre obxectivo: achegarlle ao público a orixe e significado dos topónimos do seu municipio e procurar novas persoas colaboradoras na plataforma Galicia Nomeada, que lle permite á cidadanía contribuír á recollida de topónimos e microtopónimos que corren o risco de perderse.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, destacou que este programa “procura implicar todos os axentes sociais, desde a veciñanza aos centros de ensino, para entre todos recuperar o noso patrimonio e deixármolo de legado para os que veñen detrás”.

Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, repasou as cifras desta plataforma lembrando que desde a súa creación a finais do 2019, unhas 3.200 persoas colaboradoras achegaron preto de 70.000 microtopónimos. Nesta liña subliñou que estes datos demostran “a implicación dos galegos e galegas na recuperación da toponimia, un motivo de orgullo para nós e unha motivación para seguir traballando neste campo con proxectos como este”, engadiu.

A POBRA DO BROLLÓN, UN DOS CONCELLOS PARTICIPANTES

Os 12 concellos aos que chegará Toponimízate 2023, sendo A Pobra do Brollón o único de Lugo sur, comparten unha característica común: en ningún deles se completou o traballo do proxecto Toponimia de Galicia, polo que aínda non se recolleu unha parte importante da microtoponimia do seu territorio.

A Casa do Concello da Pobra do Brollón acollerá esta campaña o venres 10 de novembro ás 19:30 h. Durante as charlas divulgativas que inclúe este proxecto itinerante, o filólogo da RAG Vicente Feijóo incidirá na riqueza toponímica que posúe todo o territorio galego e dará conta do significado dos nomes de parroquias e aldeas de cada concello, para o que conta coa colaboración do académico de número e profesor da Universidade de Vigo, Gonzalo Navaza.

Ademais, outra cousa interesante será que o público aprenderá a empregar a aplicación ‘Galicia Nomeada’ tanto para incorporar nomes de corredoiras, chousas ou penedos como para rexistrar lendas ou outras tradicións orais vinculadas a eses lugares.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...