HomeCulturaO 27 e 28 de outubro regresa a Chantada o Castañazo

O 27 e 28 de outubro regresa a Chantada o Castañazo

A Asociación Cultural O Castañazo retoma o festival despois de catro anos, cun cartel que mestura bandas galegas e estatais. A área de Cultura achega 12.000 euros á organización do festival, que se promociona con cartelería na Praza de San Marcos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Conta atrás para o Castañazo de Chantada, que terá lugar os días 27 e 28 de outubro na vila do Asma. Fillas de Cassandra, Narco, Tremenda Jauría, Lágrimas de sangre, Rastreros e Grande Amore tocan o venres, e o sábado será a quenda para Dakidarría, Mafalda, Tropa do Carallo, Sons of Aguirre&Scilla, Arrhythmia e Rebeliom do Inframundo.

O cartel musical complétase cunha programación aberta e de balde, como o Ourizo Rock, con propostas pensadas para público infantil – actuacións dos combos xuvenís da Casa da Música de Chantada e Ramón Gato e o espectáculo teatral Mus Museum de A Run Run Teatro – o sábado pola mañá, no Auditorio Municipal, e Cantos de Taberna e un pasarrúas de Mekanika Rolling Band ao longo da tarde, ademais dun magosto popular.

A deputada de Cultura, Iria Castro, que se reuniu este martes cos membros da organización, celebrou que “a Asociación O Castañazo se reforzase arredor desta nova edición do festival, que é unha referencia musical do outono en Galiza” e destacou “a aposta da Vicepresidencia da Deputación de Lugo por apoiar as iniciativas que xurden do tecido asociativo”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...