HomeCulturaCatro días de concertos no Buril

Catro días de concertos no Buril

Os días 27, 29, 30 e 31 de outubro contarase con concertos no Buril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres, 27 de outubro, actuará Phrenetix que chegan dende Lituania. Unha das mellores e máis prometedoras bandas de Trash Metal Europeo. (segundo articulo da revista heavy-rock de este mes) para acompañalos estarán Crowded dende Coruña.

Xa o día 29 contarase con Stone From the Sky + Could seed, desde Francia, dúas das bandas máis míticas do post rock. Únense a eles desde Lugo, Kalte sonne.

O luns, 30 de outubro será a quenda dos gaditanos Red Eye. Segunda vez que están no Buril, nesta ocasión veñen a entrada inversa, cobrando o que ao rematar o concerto cada escoitante decida ao seu libre albedrío.  

O concerto do día 31 correrá por conta de Endless Dive, un proxecto instrumental asentado na zona de Tournai/Bélxica. Catro músicos que ofrecen un post-rock enérxico con múltiples influencias, mesturando versos melancólicos e riffs punk. A entrada ten un custo de 7€ que van íntegros para a banda, como todalas entradas recaudadas no Buril. 

 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...