HomeCulturaYolanda Castaño celebra o Día das Bibliotecas co alumnado de 4 da...

Yolanda Castaño celebra o Día das Bibliotecas co alumnado de 4 da ESO do IES A Pinguela

Yolanda Castaño, escritora e recén Premio Nacional de Poesía 2023, volveu ó IES A Pinguela para falar alí de poesía co alumnado de 4º da ESO con motivo do Día das Bibliotecas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para este encontro, Yolanda Castaño, estivo acompañada de Olga Novo, súa querida compañeira e amiga dende hai case 30 anos e Premio Nacional de Poesía 2021. Novo tamén é profesora de Lingua e Literatura Galega no IES A Pinguela.

Durante a actividade, Yolanda Castaño destacou que ” este é o IES que máis teño frecuentado en toda a miña carreira: o Ies A Pinguela , onde comecei a impartir charlas xa no ano 2000″. Esta vez foi emocionante xa que compartiu a súa andaina literaria e poemas cun grupo de lectores mozos e co profesorado de Galego. “Agradecémoslle a visita. Yolanda é unha escritora e amiga á que neste centro se lle quere ben, polo que seguro non será a derradeira”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...