HomeCulturaO Porco de pé represéntase o 9 de novembro no Multiusos de...

O Porco de pé represéntase o 9 de novembro no Multiusos de Monforte

Producións Teatrais Excéntricas inventa, para reinventar este retrato de NÓS, un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón. Unha sucesión de grotescos personaxes, caricaturescos como marionetas, representan dende os principios da farsa popular, a aguda visión do miope Risco. Unha historia de corrupción política e de amor, pasada polos espellos deformantes do parque de atracción.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro volve esta semana a Monforte co Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta. Este xoves, 9 de novembro, ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra para adultos O porco de pé, da compañía Producións Teatrais Excéntricas, obra escrita por Quico Cadaval & Pepe Sendón – versión libre da novela de Vicente Risco, baixo a dirección de Quico Cadaval e interpretada por Patricia Vázquez, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.É unha obra dirixida a público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

É unha obra dirixida a público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

O porco de pé: teatro de fenómenos

Porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a súa superioridade sobre os seres humanos. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serrín, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.

Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapeus a confundirse cos propios burgueses. Descubriu que estaban entre NÓS! A divertidísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabarete, ten hoxe mais vixencia que nunca. Nesta viaxe á fascinante década do 20 do século XX, pasarán, como nunha lanterna máxica, anarquistas, capitalistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vangardistas, caciquistas, cupletistas, mentalistas, futuristas, e budistas.

A seguinte obra dirixida para todos os públicos, será Inseguridade Social de Teatreiras Monforte que terá lugar o sábado 18 de novembro na Casa da Cultura ás 20:00 h, sendo a entrada gratuíta.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...