HomeCulturaÉxito das actividades programadas polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra neste...

Éxito das actividades programadas polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra neste outono

Entre as propostas destacaban o programa Somos de Outono 2023-A Caída da Folla 2023, o Viñobús Vendima e as recentemente inauguradas visitas guiadas á Central Hidroeléctrica de Santo Estevo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa Somos de Outono 2023 · A Caída da Folla 2023  contou cun total de 9 actividades e todas as prazas cubertas nas distintas propostas para achegarse á Ribeira Sacra: actividades mindfulness, cursos de orientación e supervivencia no monte, rutas guiadas en BTT ou obradoiros de ungüentos e cosmética natural,… Celebráronse todas as actividades agás unha de BTT, que tivo que ser cancelada pola situación de alerta ante as inclemencias meteorolóxicas.

A procedencia dos visitantes, como é habitual neste programa de actividades, foi principalmente rexional; case a metade dos participantes pasaban a fin de semana no xeodestino e procedían da provincia da Coruña. As intensas choivas das últimas semanas non desanimaron aos participantes, quedando persoas en lista de agarda. 

Somos de Outono, Na búsqueda do ouro / CTRS

O Viñobús Vendima circulaba entre o 16 e o 24 de setembro, e o programa Somos de Outono, celebrouse entre o 22 de outubro e o 19 de novembro. Pecharase o calendario coas visitas á Central Hidroeléctrica de Santo Estevo, que se desenvolverán ata o 9 de decembro.

Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra destacan que “coa intencionalidade de desestacionalizar o turismo no xeodestino, programamos e patrocinamos todos os anos actividades que fomenten as viaxes e escapadas na tempada baixa a Ribeira Sacra, animando ao turista de proximidade a coñecer diferentes alternativas que nos brinda o outono”. Así póñense en marcha xunto con Iberdrola, as visitas guiadas á Central Hidroeléctrica de Santo Estevo (A Caverna de Santo Estevo), unha firme aposta polo turismo industrial do Consorcio de Turismo, que veu superada con creces a demanda esperada. “Ás poucas horas de abrir as reservas xa se esgotaran as 120 prazas habilitadas da proba piloto. Foi tal o interese que espertou que nos vimos abraiados ante a gran cantidade de chamadas, mensaxes a través das redes sociais e correos electrónicos que comezamos a recibir. Agardamos que a proba piloto resulte satisfactoria e lle podamos dar continuidade de cara ao vindeiro ano”, destacan. 

Estes programas de actividades patrocínanse con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, financiado pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

A Caverna de Santo Estevo visitas / CTRS

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....