HomeCulturaConcurso de poesía e de postais de Nadal en Quiroga

Concurso de poesía e de postais de Nadal en Quiroga

O Concello de Quiroga convoca os tradicionais certames para fomentar a creatividade da xente máis nova.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No que se refire ao concurso de poesía poden participar nenos, nenas, e rapaces e rapazas de 8 a 16 anos establecéndose 3 categorías (A, ata 8 anos, B, de 9 a 11, e C, de 12 a 16).

Os poemas serán en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha cara podendo ser escritos a man (bolígrafo) ou coa computadora.

O prazo para presentar remata o 22 de decembro e recepcionará os traballos a Biblioteca Pública Municipal. O fallo do xurado farase público en xaneiro de 2024 e os 3 gañadores, un por cada categoría, levarán como premio un diploma acreditativo e un lote de libros.

Ademais, os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo.

Os traballos premiados poderán ser empregados pola Biblioteca para a publicación anual dun libriño conmemorativo.

CERTAME DE POSTAIS

O concurso de postais de Nadal vai dirixido a menos de 3 a 12 anos e o prazo para participar tamén remata o vindeiro 22 de decembro. As obras levaranse á Casa da cultura.

Haberá tres categorías en función da idade: unha de 3 a 4 anos, outra de 5 a 6, de 7 a 8, de 9 a 10 e de 11 a 12 anos. Os premios para os gañadores, segundo informa o concello, serán sorpresa.

O tema das creacións gráficas, como no concurso de poesía, ten que ser o Nadal e poderanse presentar postais dun tamaño de medio folio. Os datos do autor ou autora deberán ir dentro dun sobre pechado e a data de entrega dos premios comunicarase aos gañadores e ás gañadoras.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...