HomeCulturaPresentación dobre de Estefanía Padullés en Monforte

Presentación dobre de Estefanía Padullés en Monforte

A ilustradora catalá de Paradela estará o vindeiro venres 15 de decembro no Ateneo-Casino de Monforte de Lemos falando de como xermolaron dúas das súas obras: Un mundo para Maruxa e O pesadelo de Mateo.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Os libros que presentará Estefanía Padullés no Ateneo-Casino o 15 de decembro ás 19:30 h. non son novidade, pero como o libro de “Un mundo para Maruxa” saíu en pandemia quedoulle pendente presentalo en  Monforte. Esta circunstancia xerou a oportunidade perfecta para vir e, de paso, presentar tamén “O pesadelo de Mateo”.

Padullés falará dos dous libros, pero sobretodo centrarase no libro de Maruxa e da concienciación sobre o que poden facer os nenos e nenas de xeito individual para reducir o consumo de plásticos e coidar dos ecosistemas dos que eles forman  parte no seu día a día.

Portada de ‘O pesadelo de Mateo’. Autora: Estefanía Padullés.

UNHA PRESENTACIÓN DIFERENTE

Querendo saber como será o acto do venres, co protagonismo da obra ‘Un mundo para Maruxa’, a ilustradora dinos que “aínda que eu sempre fago as presentacións como obradoiros ou contacontos, desta volta quero centrarme en contarlles ao público o proceso que me levou a escribir un libro sobre educación ambiental a partir das miñas experiencias como bióloga nun centro de recuperación de fauna mariña e nunha reserva zoolóxica. E como pasei  dende o mundo da conservación e coidado de especies en perigo a traballar sobre a concienciación a través dos libros para cativos”.

ESTEFANÍA PADULLÉS

Naceu en Vilada, unha pequena vila do norte de Catalunya. Despois de estudar bioloxía en Barcelona traballou nun Centro de Recuperación de Fauna Silvestre e nunha Reserva de Fauna de Almería, onde se dedicaba á conservación de especies e á educación ambiental.

Dando un xiro á súa vida abandonou esta profesión relacionada cos animais, veuse vivir a Galicia e dedicouse de cheo á ilustración e á literatura, actividades que realiza dende unha aldea de Paradela, lugar onde fixou a súa residencia. Comezou como ilustradora, mais co tempo atreveuse co guión redactando historias que despois retrata. Como complemento ao anterior tamén fai obradoiros e sesións como narradora-ilustradora por toda Galicia.

Entre as obras que publicou, antes das dúas que se presentan en Monforte, atópanse varios álbumes ilustrados e libros de lectura para público infantil. Entre eles, ‘O desexo do gato Klops’, ‘A canción do Sol’, ‘Max e Lea’ e ‘A manchas ou a raias?’.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...