HomeCulturaA filla do Apalpador visitará Samos, Currelos e Láncara

A filla do Apalpador visitará Samos, Currelos e Láncara

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar a persoaxe do Apalpador ás crianzas de varios concellos de Lugo. Entre outros, estará en Samos, O Saviñao e Láncara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar a figura do Apalpador nos concellos da provincia. Segundo di a tradición, estamos a falar dun carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de felicidade e comida.

A súa historia transmitiuse especialmente na zona  do Courel e do oriente ourensán. Na última década,  asociacións e colectivos culturais de distintos puntos de  tomaron a iniciativa para recuperar este personaxe e as lendas e ritos que a rodean.

Iria Castro, en representación da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, destacou na presentación da actividade que esta institución deseñou un calendario de visitas a varios concellos “co obxectivo de achegar a nenos e nenas esta figura do Nadal galego e a súa  historia” e valorou “a oportunidade que esta personaxe ofrece para reivindicar as nosas tradicións e tamén valores ligados ao coidado do territorio”.

O ESPECTÁCULO

A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas.

Estará acompañada polo seu irmán músico André para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia. Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.

CALENDARIO NO SUR DE LUGO

SAMOS
Organiza o CEIP de Samos. A actividade será no comedor escolar o 21 de decembro.

O SAVIÑAO
Asociación Lavandeira: Local Social de Currelos, 23 de decembro ás 16:30 horas.

LÁNCARA
Asociación Cultural Val de Láncara: 26 de decembro na Antiga Escola ás 17 horas.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...