HomeCulturaTeatro afeccionado en Monforte e en Sarria

Teatro afeccionado en Monforte e en Sarria

Trátase de duás montaxes que chegan esta fin de semana grazas ao Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación. Unha delas, o sábado 16 en Monforte, e a outra o domingo 17 en Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá o sábado 16 de decembro a partir das 8 da tarde unha representación teatral con entrada libre e gratuíta dirixida a público adulto.

O grupo monfortino Viraventos poñerá a escena unha comedia de enredo que leva por título “A cegueira de Cupido, porque o amor nunca é o que parece”.

Viraventos é un grupo formado por once persoas apaixoadas do teatro, que levan moito tempo desfrutando tando de velo como de facelo. Ano tras ano poñen moito interese na creación e na representación de obras, chegando a conformar unha “gran familia de teatreiros e teatreiras”. O seu lema é que ser amador non é menos que ser profesional, simplemente é outra maneira de facer as cousas.

SINOPSE

A cegueira de Cupido, porque o amor nunca é o que parece” son catro historias independentes sobre as relacións de parella, que aínda que nun primeiro momento non teñen nada que ver, acaban enredándose e mesturándose as unhas coas outras.

Unha sucesión de acontecementos surrealistas e absurdos serven para mostrar como ás veces as relacións están marcadas por estereotipos sociais que non nos deixan actuar libremente polo medo ao que dirán.

TEATRO EN SARRIA

E xa para o domingo, 17 de decembro, chega á Casa da Cultura do Concello de Sarria a obra “Fuga (57 PALABRAS)“. Será ás 20:00 h., con entrada de balde e indicada para público a partir de 14 anos.

A peza é autoría de Jordi Galcerán e como directora está Patricia Neira. A duración é de 80 minutos.

SINOPSE

Nesta historia ninguén é o que parece. Un grupo de timadores intenta estafar a un político caído en desgraza pola súa ambición, pero este tampouco é tan parvo coma eles pensan, ou iso cre el.

Con este fio argumental abórdanse temas serios, pero cun tono de humor, como a infidelidade, a corrupción, a dependencia, a avaricia e a procura do amor. A intriga manterase ata o final.


ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...