HomeCulturaRonsel de Futuro: Historias Soterradas proxéctase esta semana en Monforte e Bóveda

Ronsel de Futuro: Historias Soterradas proxéctase esta semana en Monforte e Bóveda

A webserie da Rede Museística Provincial de Lugo, realizada por Señor López Producións coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, estase proxectando nos diferentes concellos da provincia, despois da presentación do proxecto nos Cines Númax, o Culturgal e en Bos Aires, da man da Universidade Nacional Tres de Febrero.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A webserie, Ronsel de Futuro: Historias Soterradas, trata de achegar, através do cine, toda a inmensidade dos catro museos que forman a Rede Museística Provincial de Lugo, pertencentes á Deputación de Lugo.

O obxectivo fundamental do proxecto é amosar os contidos materiais e emocionais dos Museos a través dunha historia de ficción, así como documentar a historia e patrimonio da provincia.

A viaxe a través dos museos guíaa Braulio que acaba de saír do cárcere logo de cumprir unha condena por facer grafites de dinosauro no patrimonio. Para poder saír de Bonxe acepta un titor, Alexandre, que cunha metodoloxía moi peculiar, faralle ver a necesidade de realizar esta webserie documental sobre a Rede Museística como parte da súa reinserción na sociedade. Co paso dos capítulos todo encaixará na cabeza de Braulio.

O Señor López, da man de Brian Rodríguez e Rubén Pérez, levan a cabo este proxecto no que participa a xerente da RMPL, Encarna Lago, artistas como Mónica Alonso e persoas representativas como Pilar Yáñez ou Mónica Álvarez, contando coa colaboración do Club Senior do Museo do Mar, o Grupo de Teatro Antas de Ulla, Espazo Lupa así como o Colexio Público de Antas.

A presentación da webserie estase facendo formato espectáculo ao longo das diferentes comarcas da provincia. A Monforte chega o mércores, 27 de decembro. Presentarase na Casa da Cultura de Monforte ás 20:00 horas e o 28 de decembro proxectarase no Centro Sociocultural do Concello de Bóveda ás 11:30 horas. Estas citas están abertas ás persoas interesadas con entrada libre e gratuíta, ademais a web serie pode verse a través da canle de youtube da RMPL.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...