HomeCulturaCinco minutos sen respirar, de Ítaca Teatro, este 28 de decembro no...

Cinco minutos sen respirar, de Ítaca Teatro, este 28 de decembro no Multiusos de Monforte

O Edificio Multiusos acollerá este xoves, 28 de decembro, a partir das 8 da tarde unha representación teatral con entrada libre e gratuíta dirixida a público adulto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro volve esta semana a Monforte para rematar o ciclo de teatro deste semestre. Representarase a obra, Cinco minutos sen respirar, da compañía Ítaca Teatro. É unha adaptación da obra homónima do dramataurgo contemporáneo venezolano, Gustavo Ott, dirixida por Carlos Neira.

A representación forma parte do Circuíto de Teatro Profesional organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo no ano 2023.

Sinopse

Cinco minutos sen respirar fala de problemas actuais como os abusos bancarios, a explotación laboral, o suicidio, a violencia, … cunha linguaxe que se move entre o metafórico e o literal. Trata a necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade. Fala das segundas oportunidades, a procura do amor a través da solidariedade e o rol liberador da literatura fronte ao abuso.

Trátase dunha peza que pon de manifesto a necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade, retratando os anhelos, os medos e a escuridade que pode albergar unha persoa.

En escena dous personaxes que buscan algo de poesía que dea dignidade ás súas vidas, Margarita, unha ex-empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado, interpretados por Elea López e Carlos Rebolo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...