HomeCulturaOs Reis Magos chegan este 5 de xaneiro aos concellos do sur...

Os Reis Magos chegan este 5 de xaneiro aos concellos do sur da provincia

En Monforte as súas maxestades chegarán á estación de tren ás 17:30 horas e o inicio da Cabalgata polas rúas da cidade dará comezo ás 18:30 horas. Tamén nestes horarios recibirán aos nenos e nendas doutros municipios e pola mañá terán encontros cos máis maiores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Reis Magos de Oriente serán recibidos, este 5 de decebro ás 17:30, na estación de tren de Monforte polo alcalde e por membros da Corporación municipal, e coa música da Escola de Gaitas do Concello. Aproveitarán a ocasión para saudar a todos os nenos e nenas que os estean esperando no andén da Estación.

Alí conformarase a Comitiva Real que estará integrada por catro carrozas, unha coa estrela e 3 para os Reis Magos e seus paxes. Os paxes serán alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade. Ademais na comitiva tamén participarán o Grupo de Gaitas do Concello, así coma outros grupos musicais e decorativos.

A Comitiva Real partirá arredor das 18:30 horas dende a Praza da Estación, e percorrerá as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia (Ponte Novo), e finalizando no Campo de Santo Antonio ante a Casa do Concello, sobre as 19:30h. Pouco despois as Súas Maxestades lerán o discurso de Reis dende o balcón do Concello, finalizando a súa visita co reparto de caramelos e coa recepción ós nenos e ás nenas da cidade nas escaleiras do vestíbulo do Concello, como é tradición.

“Coa chegada dos Reis Magos a Monforte, e co apagado, o vindeiro domingo, 7 de xaneiro, do alumeado navideño do Concello, daremos por finalizado o completo programa de actividades de Nadal, que resultou todo un éxito de participación”, destaca o alcalde.

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...