HomeCulturaO musical “Unha noite na eira do trigo”, este sábado en Quiroga

O musical “Unha noite na eira do trigo”, este sábado en Quiroga

Quiroga acolle este sábado ás 19:00h, poñendo punto final ás actividades de Nadal, o musical “Unha noite na eira do trigo”, baseado no poema de Manuel Curros Enríquez, que posteriormente sería unha famosa “cantiga” que Los Tamara fixeron famosa e que despois se levaría por distintos escenarios do mundo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Unha noite na eira do trigo” mestura o teatro, o cine e a música para trasladar ao espectador dende a actualidade ata os anos 30 e 80. A banda sonora corre da man da orquestra La Ocaband, contando coa participación da voz de Chápelo (grupos Solano e Solara). O actor Pepo Suevos fai de narrador do musical xunto con Ruth Núñez. No musical tamén participa un veterano da interpretación, Manuel Manquiña.

O traballo dirixido por Xoán Manuel Paradela (musical), Daniel Dopazo (artístico) e Carlos Alleres (creador da idea e produtor audiovisual), combina ao longo de noventa minutos momentos musicais, con cancións de Los Tamara, con teatro e cinema. Ao longo do audiovisual figuran historias de tres xeracións diferentes expoñendo escenas moi emotivas.

Este musical que a base de imaxes e música transporta ao espectador a épocas pasadas e tamén o mantén na actual, é a terceira vez que se representa, a primeira vez foi o seu estreo o pasado mes de decembro en Sanxenxo e o segunda hoxe mesmo en Noia.

A actuación, con entrada libre, -que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga- terá lugar o sábado día de Reis, ás sete da tarde no Auditorio Municipal.

ÚLTIMAS

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...

Taboada celebra Raizames, encontro sobre a cultura do viño

O programa inclúe catas e degustacións; a proxección do documental Taboada, de Ribeira a...

“Profetas”, este 26 de maio no Auditorio Municipal de Quiroga

Elea López e Carlos Rebolo, fundadores da compañía luguesa, Ítaca Teatro, son os protagonistas...