HomeCulturaMonforte inicia o 25 de xaneiro a súa programación teatral

Monforte inicia o 25 de xaneiro a súa programación teatral

O Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, Educación e Xuventude, presenta a carteleira da Rede Galega de Teatros e Auditorios que terá lugar entre xaneiro e maio no Edificio Multiusos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As representacións teatrais desenvolveranse dende o 25 de xaneiro ó 12 de maio. A carteleira está conformada por un total de 7 postas en escena destinadas na súa maioría ó público adulto. Tamén se ten en conta o público infantil que terá a súa propia oferta cultural, cunha obra programada en maio.

A programación iniciarase o xoves, 25 de xaneiro, coa obra O auto de Castromil, espectáculo para público adulto, a cargo do  grupo Producións Teatrais Excéntricas.

No mes de febreiro, xoves día 22,  a compañía Contraproducións traerá a escena a peza Entrega en man, tamén para público adulto.

Artyc Content representará Que din as rumorosas o xoves, 7 de marzo, tamén para público adulto.

Compañía Humana, actuará o 21 de marzo para pór en escena Iphixenia na porta do súper.

O grupo de teatro da Universidade Laboral de Ourense, fóra do ciclo da Rede de Teatros e Auditorios programa unha representación teatral para adultos o xoves, 11 de abril, no Edificio Multiusos ás 20:15h, con entrada de balde, baixo o título de Soño dos vagalumes.

O xoves, 25 de abril, a compañía Volta e Dalle Teatro teatro pechará o ciclo de representación para adultos do primeiro semestre do ano, coa obra Falar por falar.

O Concello non se esquece do público infantil, que terá o 12 de maio unha representación específica para eles, titulada Palabras a cargo da compañía Baobab Teatro.

Todas as obras mencionadas poñeranse en escena no Edificio Multiusos do Concello de Monforte, en horario de tarde, ás 20:15 h agás a representación do 12 de maio para público infantil que terá lugar ás 18:00 h.  A entrada xeral será dun importe de 5 € pero tamén haberá entradas bonificadas para nenos, estudantes, desempregados e xubilados a un importe de 3 €.

A Concellería de Cultura incidiu no compromiso que mantén o Concello de Monforte de brindarlle á veciñanza unha oferta cultural de calidade coa difusión de espectáculos variados e para tódolos públicos entre os que se atopa a programación teatral para este primeiro semestre de 2024.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...